Hoxe, 16 de outubro, celebramos o día da alimentación.
Con esta
conmemoración preténdese que todos sexamos conscientes e loitemos contra a
pobreza, a fame e a desnutrición.
Dende
as casas podemos axudar doando comida aos bancos de alimentos e tamén reducindo
os desperdicios.
Na
aula de natureza, traballamos en torno ao conto “la
rebelión de las verduras”. Estas, fartas de nenos que nunca as elixan, se queixen e
as menosprecen, deciden reivindicar o seu lugar no mundo e montan
unha rebelión no frigorífico.
A través desta historia, pretendemos que os nenos recoñezan a importancia das verduras e hortalizas na nosa dieta e tamén os nomes delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario