Hoxe,
17 de maio, é o Día da Reciclaxe.
Para
celebralo, na aula de natureza estivemos realizando as seguintes actividades:
-Visionado de “Reducir, Reutilizar y Reciclar. Para mejorar el mundo” de Happy Learning. Nel explícannos o significado de cada unha destas palabras, e o importante que son as tres para acadar un Planeta máis limpo, menos contaminado e onde todos podamos vivir mellor.
-Lectura do conto “Capitán
Verdemán: Superhéroe del reciclaje” de Ellie Bethel (editorial
Juventud). Que conta, como unha cidade
está afogando nos montóns de lixo pola pereza e o malgastar dos seus
habitantes. Pero chegará o capitán Verdemán para rescatala e demostrar que a
reciclaxe e divertida.
Nós, na aula de natureza, xa temos
dous superheroes debuxados polos nen@s e elixidos polas mestras.
Tamén dispoñemos de:
-Contedores para reciclar papel, plástico e material orgánico.
- Composteiro para facer abono rico en nutrientes coas mondas das merendas e herbas malas de limpar o xardín .
-Un boneco chamado Piliñas para reciclar as pilas.














No hay comentarios:
Publicar un comentario