O Caderno viaxeiro, deste curso 2022-23, que leva por título “Dándolle unha nova oportunidade ao lixo” xa comezou a percorrendo os fogares dos nosos alumnos coa intención de que non se tiren todos os obxectos, envases, etc… que temos por casa para poder crear con algúns deles cousas novas.
Reciclar
os residuos é unha responsabilidade que temos cada un de nós co medio ambiente,
e hai que transmitir este hábito aos nosos fillos para que vaian adquirindo
unha conciencia ecolóxica.
Hai que ensinarlles a seguir a regra das 4R: reducir, reutilizar, reciclar e recReducir: debemos minimizar o noso impacto no medio ambiente producindo menos material de desfeito (plástico, residuos nucleares, emisións de CO2, etc.).
- Reducir: debemos minimizar o noso impacto no medio ambiente producindo menos material de desfeito (plástico, residuos nucleares, emisións de CO2, etc.).
- Reutilizar: temos que acostumarnos a prolongar a vida útil dos obxectos e os materiais dándolles unha segunda oportunidade.
- Reciclar: cando non poidas nin reducir a túa cantidade de residuos nin reutilizalos para darlles un novo uso, opta por a reciclaxe.
Como
adultos temos que ter presente que os nosos nenos aprenden por imitación
“copiando” todo o que ven, e a medida que van medrando toman como referencia
aos adultos do seu entorno máis próximo (pais, avós, mestres …). Por iso, é moi
importante que prediquemos co exemplo xa que é a mellor forma de incorporar os
bos hábitos a súa rutina. Se ven que botamos o lixo á rúa ou desperdicios á
auga, eles adoptarán esta actitude por considerar que é a correcta.
Os
nenos teñen facilidade para aprender de todo xa que son curiosos, interésanse
polo mundo que lles rodea e gústalles participar. Ensinar a reciclar
aos nenos é unha das mellores cousas que podemos facer para mellorar o
noso entorno ao tempo que os guiamos para que aprendan como coidar o Planeta.
Con este caderno
viaxeiro o que pretendemos é recoller cousas que fagan na casa con material de
refugallo.
MIRADE
QUE COUSAS MÁIS BONITAS ESTAMOS RECIBINDO!
Noa Lede, de Leiro, realizou con cartóns e la, que tiñan na casa, caras de bonecas e un peite.
Tamén un secador con tubos de papel hixiénico.
Sofía, de Ribadumia B, fixo un floreiro empregando un bote de ambientador e os seus pauciños. Despois decorárono cunhas flores que elaboraron con cachos de folios de cores que lles sobraran doutras manualidades, e para rematar déronlle un toque máis bonito e luminoso con luces que empregaran para o disfrace de Entroido.
Lois, de Ribadumia A, realizou unha casa de paxaros utilizando unha garrafa de auga de 5 litros, cortizas e depresores de madeira.
Tamén uns prismáticos con tubos de
papel hixiénico, plástico e feltro.
Rodrigo, de Ribadumia B, fixo uns coches de carreiras con tubos de papel hixiénico.
Noel, de Leiro, elaborou unha paisaxe de mar e montaña usando cartón, ramas, tapóns e plástico.
Nicolás, de Ribadumia B, realizou un tren utilizando tubos de papel hixiénico e tapóns de plástico de core
Romeo, de Lois, fixo un lapiseiro con forma de verme e un xogo de encestar aros na trompa dun elefante. Para todo isto, empregou caixas de zapatos de cartón e tubos de papel hixiénico.
Sofía, de Ribadumia A, creou un peto para meter os cartos con un bote e goma eva.
India,
de Sisán, realizou unha casa de paxaros para a que utilizou: caixa de madeira das
ostras para a base e dúas de galletas para a casiña, bandexa de plástico para o
tellado, dous vasiños de arroz para o comedeiro e bebedeiro e dous vasos de
iogur para elevar a casa. Para rematar decoraron con teas de manualidades.
Mateo, de Sisán, fixo unha maceta con cara cunha botella de lixivia. Para facerlle os ollos utilizou tapas de produtos de limpeza e con un pincel e acuarelas fíxolle as cellas, a nariz, a boca e o bigote.
Lúa, de Leiro, elaborou un peto de porquiño cunha botella de laranxada e cartolina.
Adán, de Ribadumia B, realizou un futbolín, unha peceira, xogos de canicas e de bolas ping pong e tamén un de encestar unha pelota nun vaso. Para todo isto utilizou: cartón, paletas de xeado, canicas, vasos de papel, conchas da praia, catolina, pedras, fío e pinturas.
Benito,
de Lois, fixo unha casiña de paxaros cun cartón de leite e un corcho para facer
de cheminea e uns prismáticos cun tubo de papel de cociña.
Lola,
de Ribadumia A, construíu unha casa e un coche para o que reutilizou diferentes
caixas e tapóns de plástico.
Daniela, de Sisán, realizou un monicreque de unicornio. Para confeccionalo utilizou dous tubos de papel hixiénico, catro tapas de plástico de refresco, la, dous paus, cartón, cola e pinturas.
Antía,
de Leiro, fixo unhas galiñas cun cartón de ovos.
GRAZAS
FAMILIAS!!
QUE COUSAS MÁIS BONITAS CON MATERIAL DE REFUGALLO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario