O
luns foron os nenos de Leiro os encargados de seguir enchendo de flores o noso
xardín.
As
plantas escollidas foron: col decorativa, crisantemo e ciclamen.
Antes
de realizar esta tarefa estivemos buscando eirugas na col decorativa, xa que
algunhas das súas follas estaban comidas.
E a
pregunta sería… como chegan ata as follas as eirugas? Pois a resposta é… a bolboreta
branca que fai a súa posta de ovos, de cor laranxa, no envés das súas follas e nada máis
eclosionar as pequenas eirugas que van saíndo as van comendo. Despois refúxianse
na terra para a fase crisálida ( o insecto esta oculto nunha cápsula ) e por
último transfórmanse en bolboretas adultas.
Aínda
que buscamos e buscamos para poder ver o seu proceso de transformación, non
atopamos ningunha…
Como
nas aulas están levando a cabo un proxecto sobre Xapón, tamén trouxemos
crisantemos que é a flor que aparece representada no escudo deste pais.
COLES DECORATIVAS CRISANTEMO
Despois na aula de natureza estiveron escribindo os nomes das plantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario