lunes, 28 de septiembre de 2026

COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DA AULA DE NATUREZA DO CURSO 2026-27

O CRA de Ribadumia segue formando parte do Programa Medioambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Neste curso cumpren 30 anos protexendo o noso medio ambiente e nós, a través do noso Proxecto “Pequenas mans, grandes cambios”, queremos que @s nos@s alumn@s aprendan a racionalizar os recursos e a aportar o seu gran de area na loita contra o cambio climático, xa que o destino do noso Planeta está nas súas mans.

Queremos tratar de evitar que esta xeración cometa os mesmos erros que nós, é educala para construír un mundo mellor e máis sostible. Por iso, teñen que aprender a recoñecer condutas correctas, e desenvolver valores que demostren unha forma diferente de ver a natureza.

Todas as actividades que imos realizar durante este curso irán encamiñadas a:

- Fomentar o se interese polo coidado e mellora do entorno.

- Conseguir que comecen a aprender cousas acerca do medio que lles rodea.

- Que empecen a diferenciar cales son as accións negativas e positivas que se realizan en canto ao coidado do medio ambiente. E ir adoptando hábitos que poidan minimizar as negativas.

- Ampliar os seus coñecementos ecolóxicos en temas como a enerxía, o cultivo das plantas, a auga, as árbores, a alimentación etc…

A educación ambiental para nen@s é un aprendizaxe transversal que supón a ensinanza de valores, conceptos e habilidades para que exista unha convivencia pacífica entre as persoas e o entorno natural. Por isto, entre as nosas metas tamén está:

- Informarlles de cales son os problemas concretos que sufre o medio ambiente: quentamento global, contaminación do aire, da terra e da auga, perdida da biodiversidade, xeración de residuos, deforestación, cambio climático…

- Ensinarlles hábitos que contribúan a resolver ou mitigar os problemas medioambientales: reciclar, reducir o consumo de enerxía, non malgastar a auga, elaborar abonos naturais (compost) para evitar a acumulación dos residuos orgánicos en vertedoiros e reducindo a emisión de gases como o metano e o dióxido de carbono que son os responsables do cambio climático…

- Conciencialos sobre a necesidade de coidar  o entorno natural que temos ao noso redor de forma activa: limpar o xardín, plantar flores e árbores…

 

 

  


No hay comentarios:

Publicar un comentario