Os
nenos das aulas do CRA de Ribadumia trouxeron á aula de natureza tubos do papel
hixiénico para facer con eles dúas árbores de Nadal.
Os
pasos para facelas foron:
1. Pintar
unha folla de papel con cera de cor verde.
Tamén
pintamos con cera marrón para facer o tronco.
2. Botar
pegamento pola outra cara da folla.
3. Enrolar a folla no tubo de papel hixiénico.
4. Cortar
un pouco os extremos da folla.
5. Meter
as esquinas do papel dentro do tubo.
Mirade
como está quedando…
Cando
rematemos de facelas subiremos fotos ao blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario