Na aula de natureza do C.R.A de Ribadumia queremos
que a xente respecte e coide
as árbores, polo que seguimos traballando entorno
a elas.
Agora
comezamos un pequeno proxecto a través do que estamos coñecer algunhas das que podemos atopar nos
nosos bosques e montes. Ademais de aprender os seus nomes tamén estamos descubrindo se son de folla caduca ou perenne, como é a súa folla, o seu froito…
Como
estábamos traballando a sobreira, saímos ao xardín para ver a que temos e coller
as súas landras para plantar en macetas.
Tamén estivemos tocando a súa cortiza,
que é a casca que recubre o tronco desta árbore ecoa que se fan tapóns para botellas de viño, boias, paneis para paredes ou para tablóns para fixar notas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario