Onte,
venres 31 de outubro, tivemos a nosa festa do Magosto-Samaín.
Nenos e mestres disfrazámonos de zombis.
Durante a mañá realizamos as seguintes actividades:
As
familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e fixemos unha exposición con todas
elas.
Grazas
ao Programa Medioambiental de Voz Natura, do que somos un dos colexios
participantes, recibimos no noso centro a dous Gardas Civís que viñeron para
impartir unha charla aos nosos alumnos sobre o labor que levan a cabo dende o
Servizo de Protección da Natureza (Seprona).
Explicáronnos
que a súa misión é a de concienciar a todos que hai que coidar o medio ambiente
e que, algunhas das cousas que tratan de evitar e erradicar son: vertidos
contaminantes, comercio ilegal de especies de flora e fauna, incendios
forestais, pesca ilegal, caza furtiva, maltrato animal.
Despois
proxectaron unha pequena historia sobre a ecopatrulla, que son tres cativos que
percorren varios puntos de Galicia guiados por axentes forestais da Xunta e
efectivos de Seprona aprendendo a coidar o medio ambiente e previr lumes.
Tamén
ensináronnos fotos dos animais que rescatan e axudan, utensilios que utilizan
para coller serpes, cans agresivos etc… E para finalizar, os nenos puideron ver
e tocar a súa cadeliña Lea.
Tamén
tivemos a visita da agrupación músico-cultural de Ribadumia, que viñeron para
tocar e cantar connosco cancións que xa coñeciamos. Os nenos aprenderon os
nomes dos seus instrumentos e puideron probar como soaban.
Merendamos
riquísimos doces terroríficos.
Contamos
contos de medo e algunhas mestras fixeron a representación do conto “fruta para
la bruja”.
Bailamos
o Thriller de Michael Jackson que os alumnos ensaiaron coa mestra Olalla de
música
E a bruxa preparou a súa apócema máxica que inventou para convertir a xente en xombis.
E
para rematar, os nenos levaron nun brick de leite reciclado e decorado castañas
que trouxeron as familias.
Temos
que dar as grazas as familias pola súa colaboración traendo as cabazas
decoradas, castañas, carozos para asalas, doces…
E
sobre todo, aos pais/nais que estiveron asando as castañas e axudando en moitos
momentos da festa.
Na foto non aparecen todos, pero queremos que saiban que
estamos moi agradecidas pola súa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario