viernes, 25 de noviembre de 2022

EXCURSIÓN A PORTONOVO

O mércores 23 de novembro realizamos unha saída a Portonovo para visitar a lonxa, o mercado e o porto. Recibimos esta invitación por ser un dos colexios participantes no Plan Proxecta Aliméntate Ben.

O obxectivo desta excursión era que os nenos coñeceran o mundo do mar: con que se pesca, como son os peixes e mariscos, que barcos e aparellos se utilizan para pescar, que oficios hai relacionados co mar… 

Os monitores Ana e Aritz ensináronnos moitas cousas!

Os nosos alumnos puideron sentarse onde se fan as poxas de marisco e pescado, e con uns mandos xogaron a  mercalo. 

Estivemos con dúas redeiras, encargadas de arranxar as redes.



Miramos barcos de pesca e aprendemos a que parte deles se lle chama proa e a cal popa, e observamos as nasas (que utilizan para pescar os polbos, as nécoras, os camaróns…) e tamén as redes.



Un pescador tamén ensinounos un polbo que pescou.

No mercado puidemos ver centolas, berberechos, ameixas, bois, mexillóns, peixes sapo, luras, raias, xardas, rapantes…

Aquí tamén agasalláronnos cunhas preciosas bolsiñas!


Para rematar déronlle unhas bolsiñas onde tiñamos para merendar croquetas, un anaco de pizza, un iogur e unha botella de auga.



No hay comentarios:

Publicar un comentario