Na aula de natureza estivemos lendo “Aqueles monstros anciáns que viven baixo a
terra”. Trátase dun conto que, a través de Sogama, difunde a Consellería de
Medio ambiente, Territorio e Vivenda.
Os protagonistas desta historia son tres
microorganismos (Rufo, Pedro e Coco) que viven baixo a terra, e que pasan o seu
tempo comendo restos orgánicos que logo converten en un algo máxico que se chama
compost, que vai servir de abono natural para as plantas xa que lles aporta nutrintes
de alta calidade.
Como nos temos un composteiro, queremos que os nosos alumnos se animen a facer compost coas mondas das froitas das merendas, as follas secas, a herba…, xa que outros amiguiños de Rufo, Pedro e Coco, están esperando estes residuos coa boca aberta.
Despois estivemos vendo un vídeo de callou, no que este neno descubre a maxia do compost a través da súa avoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario