Remata
un curso no que dende mediados do mes de marzo tivemos que confinarnos nas
casas debido ao COVI-19, e as propostas de actividade pasaron a ser a través dos
blogs.
Estou
segura de que esta adversidade tamén axudou a crear, cos vosos fillos, vínculos
afectivos e emocionais máis fortes. E sobre todo trouxo moitas leccións de
vida, unha delas a empatía xa que puidemos desdramatizar o feito de ter que
quedarnos nas casas vendo a situación das persoas e familiares dos que padeceron o virus.
Teño
que dar as GRAZAS a todas as familias non só por participar nos traballos que
se propoñían, senón tamén por facernos chegar fotos doutras tarefas que
realizaban nas casas cos nenos.
Agora
toca pasar tempo cos avós, tíos, primos…, e recuperar todo este tempo sen estar
con eles. Tamén dar moitos paseos ao aire libre, xa que foi moito o tempo sen
facelo.
Aos
nenos que van volver o vindeiro curso, desexarlles un feliz verán e dicirlles
que en nada estamos todos xuntos outra vez.
E en
especial, quero mandarlles moitos bicos e unha forte aperta a Marcos, Breogán,
Laura, Roi, Víctor, Rosana, Daniela, Lía Iglesias, Yasmina, Noa, Gael, Paula,
Joel, Dana, Leo, Lía Martínez, Karla, Pedro, Daniel, Mila, Yago Riveiro, Vera,
Mario, Iago e Ana. Pasamos xuntos tres anos e, agora que xa sodes uns chicos grandes, ides comezar unha nova etapa na
Educación Primaria. Estou segura de que pasarédelo moi ben e faredes moitos
amigos no voso novo colexio. Imos botarvos moito de
menos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario