domingo, 20 de septiembre de 2020

INICIAMOS O CURSO 2020-21

Un curso máis volvemos a formar parte de esa gran familia que é Voz Natura. 

A través de este programa, o obxectivo da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre é concienciar e implicar á comunidade escolar na recuperación e defensa da natureza.

Nesta 24ª edición o tema é “Coidar o noso entorno é o bo camiño”, e estará dedicada á protección e recuperación do entorno natural dos Camiños de Santiago.

No noso colexio, ademais de todas as tarefas medioambientais que vimos realizando, tamén levaremos a cabo actividades para que o noso alumnado coñezan os espazos naturais do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadumia. Como o Concello conta cun patrimonio histórico moi importante, dende a escola queremos que os nenos o descubran e así valoren a riqueza e a importancia da zona onde viven.

Traballaremos A Ruta da pedra e da auga (que está dentro do Camiño de Santiago). Percorrerémola a través dun elfo ao que lle poñerán nome, e a través do que coñecerán: as partes dun muíño, os tipos que hai, o ciclo da auga, o leito fluvial de árbores, vexetais (ameneiro, carballo, salgueiro, fento común, narciso, estrugas, menta de auga, orella de frade…) e animais (libélula, lavandeira, ferreiriño real, zapateiros, corixa, salamántiga, rá común…) que percorre este camiño.

Tamén realizaremos as actividades que facemos habitualmente como limpar o xardín, plantar, sortear as nosas verduras, reciclar, reutilizar…

Como medidas hixiénico-sanitarias, para levar a cabo as tarefas do xardín e invernadoiro, cada neno terá as súas luvas e para plantar levará a súa pa que será desinfectada pola mestra unha vez que remate a actividade.

No invernadoiro tamén marcaremos con pintura onde se colocará cada alumno para evitar que estean todos xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario