Como o Concello de Ribadumia conta cun patrimonio histórico moi importante, dende a escola queremos que os nosos alumnos o coñezan e así valoren a riqueza e a importancia da zona onde viven. Por iso imos comezar un pequeno proxecto a través do que pretendemos que coñezan A RUTA DA PEDRA E DA AUGA.
Para percorrela, partiremos dun elfo que aparece nun
caderno (editado polo Concello de Ribadumia) que leva por título
“Os camiños da auga”.
Na aula de Natureza xa presentamos a este elfo que vai
servir de guía. Os nenos de cada aula, tiveron que poñerse de acordo para poñerlle
un nome e elixir as cores da súa vestimenta.
LOIS
SISÁN RIBADUMIA A
A partir de agora, a través deste percorrido, coñeceremos os seus muíños e as especies de animais, plantas e árbores que podemos atopar nesta ruta ao seu paso polo Concello de Ribadumia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario