martes, 22 de junio de 2021

BO VERÁN A TODOS!

Xa remata este curso 2020-21 atípico, no que debido ao Covid-19 non puidemos realizar todas as actividades que faciamos normalmente nas aulas, xuntarnos para levar a cabo as festas de Nadal, Magosto-Samaín, Entroido e Fin de curso, ir de excursión todos xuntos…

Pero grazas ao esforzo e compromiso de familias, nenos e mestres logramos superalo, e estamos seguros de que todos sacaremos unha lectura positiva de todo o acontecido.

Agora e tempo de descansar e por iso, dende a aula de natureza, deséxovos a todos que pasedes un feliz verán en familia.

Tamén quero mandarlles moitos bicos e apertas a Valentina, Aroa, Santiago, Martín Lago, Hugo, Erik, Marta Padín, Clara, Mario, Anás, Alejandro, Carmen, Manuel, Diana, Carla, Juán e Marta Oubiña. Rematades a etapa de Educación Infantil nas nosas escolas e ides comezar a Primaria nun novo centro. Estamos seguros de que ides a pasalo moi ben e que faredes novas amizades no voso novo colexio.

Para rematar esta entrada, quero facelo cun vídeo que presentamos ao concurso de Medio ambiente UHU (a nivel nacional). Aínda que non gañamos, desexo que sexa unha pequena homenaxe a todos os nosos alumnos que desde tan pequeniños xa realizan moitas actividades para coidar a natureza e cultivar alimentos sans.

Moitas grazas profe Olalla por axudarnos a confeccionalo e montalo!

Nel, aparecen os nenos de 5 años explicando algunhas das tarefas que realizamos na aula de natureza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario