Como
cada ano, o 22 de marzo, celebramos o día
da auga. Nesta ocasión, co lema “Natureza
ao servizo da auga”, perséguese encontrar solucións baseadas na natureza
para resolver os desafíos relacionados coa auga aos que hai que enfrontarse no século
XXI. A campaña denominada “a resposta
está na natureza”, quere facer reflexionar sobre a necesidade de harmonizar
o entorno natural coa infraestrutura creada polo ser humano. E así, encontrar
formas de reconectar ríos con planicies,
reforestar bosques e dar espazo á natureza para volver a equilibrar o ciclo da
auga. Deste xeito, podemos mellorar a
saúde dos ecosistemas e a calidade de vida.
Na
aula de natureza, estivemos lembrando o importante que é a auga para a vida de
persoas, animais e plantas. Tamén, que temos que aforrala, xa que hai moita xente no mundo que non ten a
cantidade necesaria para vivir.
Despois
fixemos un mural, no que dunha nube caen moitas pingas nas que os nenos
escribiron algunhas das cousas que podemos facer para non malgastar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario