Hoxe
veu o alcalde e as persoas que participaron nun obradoiro de xardinería do Concello, para agasallarnos con macetas con taxetes.
Plantaron moitas sementes e pensaron
en nós para regalarnos as que tiñan demais.
Cada
neno levou unha para coidar na casa e as que sobraron, plantámolas nas nosas
rodas recicladas.
Dende o C.R.A de Ribadumia, mestres e alumnos
queremos darlles as grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario