domingo, 6 de mayo de 2018

1º CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

O xoves 3 de maio, asistimos ao 1º Congreso de Aliméntate Ben no Palacio de Congresos  e Exposicións de Santiago de Compostela.
O noso colexio leva participando tres anos no programa de Aliméntate Ben. Este curso, por primeira vez, os centros participantes neste programa podían presentar un proxecto das actividades que desenvolveran durante estes anos para poder ser un dos colexios seleccionados para participar neste primeiro Congreso.
Estamos moi orgullosos xa que o noso foi un dos dez centros escollidosde educación infantil e primaria, para presentar os traballos realizados dentro dos proxectos educativos “Aliméntate Ben” da Xunta de Galicia.


Unha vez alí, montamos o noso stand e os nenos dos outros colexios seleccionados puideron participar nos obradoiros que levamos para mostrarlles o que traballamos na nosa escola ao redor dos hábitos alimentarios saudables (a que cheira, deseña a túa lata, xogo da oca, mariscando no areeiro, relaciona cada cadro de Sorolla co seu título…). Tamén bailaron, coa mestra Olalla, a danza dos peixes.



Os nosos alumnos ademais de visitar os stands dos outros centros, participaron en diferentes actividades lúdicas e educativas para fomentar a alimentación saudable.




Despois, invitáronnos a xantar un rico menú que tiña como ingredientes hortalizas, legumes e froita. 


Pola tarde, os nenos participaron nunha clase de body combat e en xogos populares.


E para rematar, asistimos á entrega de premios na que o xurado concedeunos un accésit ao mellor proxecto de educación infantil e primaria.





Temos que dicir que tanto para mestres como para alumnos foi unha experiencia moi enriquecedora na que nos divertimos moito. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario