sábado, 28 de abril de 2018

OS MAIOS

Onte, venres 27 de abril, celebramos a festa dos Maios. 
As familias trouxeron fiunchos, flores, ovos baleiros, laranxas..., que 
previamente pedimos a través dunha nota.
Dividimos aos nosos alumnos en tres grupos, que foron rotando por tres talleres 
nos que realizaron as seguintes actividades:

Confección dunha coroa cunha flor.





Cadenetas de flores para adornar o Maio. 






Obradoiro de percusión con material de refugallo por parte de Matracala
Tomando como guía o xogo, exploraron distintos instrumentos de percusión (ademais do propio corpo) e diferentes ritmos.




Mentres que os alumnos facían todas estas actividades, íase montando o Maio. Queremos dar as grazas a Julían (papá de Suevia) por axudarnos a poñerlle o fiuncho e, as mamás de Lucía e Breixo por colaborar connosco para vestilo con flores, ovos, laranxas...



Despois merendamos ricos doces, elaborados polas familias dos nosos nenos.






E para rematar a mañá, familias, mestres e nenos cantamos e bailamos ao redor do noso Maio acompañados do grupo musical Demos da Petaca.






Temos que dar as grazas a ANPA do CRA de Ribadumia, que foron os que trouxeron a 
este grupo de musica tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario