jueves, 17 de mayo de 2018

DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE

O 17 de maio celébrase o Día Mundial da Reciclaxe co obxectivo de concienciar á poboación acerca da utilidade de esta ferramenta sinxela, e ao alcance de todos, para a mellora do medio ambiente. Trátase dun proceso polo cal un produto xa usado, en principio destinado ao desfeito, é procesado para que poida ser reutilizado, reducindo así o impacto medioambiental dos nosos hábitos de consumo.
Nós, na aula de natureza, poñemos en práctica as "tres erres". Reducimos a cantidade de lixo a tirar, reutilizamos algunhas cousas dándolle outras utilidades (botas vellas, vasos de iogur e rodas para plantar...) e reciclamos cos nosos contedores, o boneco Piliñas (para botar as pilas) e a composteira (para facer abono para as nosas plantas). 


                              Animamos a todos a facer o mesmo, para coidar o noso Planeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario