Este
curso 2015-16 a través da nosa mascota
Roquiña, decidimos formar unha patrulla medioambiental coa finalidade de coidar
o noso entorno e contribuír a que a limpeza perdure na nosa paisaxe.
Como
primeiro paso, estivemos investigando que nomes teñen as patrullas medioambientais
que hai polas cidades e como son os seus traxes. Despois, cada neno/a fixo un
debuxo de cómo sería o seu uniforme de patrulleiro e que nome lle poñería.
“PATRULLA VERMELLA”,
“PATRULLA DA NATUREZA”,
“PATRULLA LARANXA”,
“PATRULLA COIDADORA”,
“PATRULLA ALERTA NATUREZA”,
“PATRULLA NATUREZA”,
“PATRULLA BOSQUE”,
“PATRULLA FLOR”...
A continuación, para
que todo o colexio participara nesta actividade, os mestres votaron a
vestimenta e o nome que máis lles gustaba. E os elixidos foron:
Vestimos aos nenos co uniforme de patrulleiro.
E os alumnos escolleron, por votación, as cores para o noso traxe.
Esta actividade ten como finalidade, poder utilizar aos nenos de patrulleiros a través do noso blog, con carteis pola escola…, cada vez que
queiramos dar a alarma sobre unha situación medioambiental inadecuada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario