O venres, 9 de febreiro, celebramos a festa do Entroido no Auditorio de Ribadumia.
Durante a primeira parte da mañá, os nosos alumnos foron rotando por diferentes obradoiros.
Como este curso volvemos a participar no Plan Proxecta Aliméntate ben ( proposto pola Consellería do Mar), recibimos a visita da cociñeira Mariña e o pescador Luis que, coa axuda de "Os Arroases", son os encargados de facer chegar aos rapaces a mensaxe de que hai que comer máis pescado. Ademais de contarnos todos os seus beneficios para a nosa saúde, faláronnos da importancia de coidar o mar
xa que cada vez hai máis lixo e menos peixes. Despois os alumnos dividíronse en dous grupos e xogaron co mariñeiro Luís a construír a pirámide de alimentos e coa cociñeira Mariña a reciclar o lixo do mar botándoo nos diferentes contedores.
Pintaron e recortaron un anteface para levar ás casas.
- As mestras contaron contos relacionados co Entroido.
Despois merendaron orellas, filloas, flores..., moitos doces típicos do Entroido preparados polas familias.
Para rematar a mañá, cada aula disfrazouse de seres mitolóxicos.
Trasnos, tronantes, gregos, neptuno, desfilaron percorrendo os arredores do Auditorio.
Trasnos, tronantes, gregos, neptuno, desfilaron percorrendo os arredores do Auditorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario