Este curso presentámonos, a mestra Ángeles de Leiro,
Marta de Ribadumia B e Ana de Sisán e aula de natureza, ao concurso escolar da
Deputación de Pontevedra “A viaxe de
Gotiña” na categoría de Educación Infantil. O que pretendía era
sensibilizar aos/as nen@s, sobre a importancia de manter e conservar as traídas
de auga veciñais que existen nas zonas rurais da provincia, así como para que
coñezan o desenvolvemento do ciclo da auga nestas zonas, dende o manancial ata
as casas.
Ademais tamén ten como finalidade concienciar do
importante que é facer un consumo responsable da auga.
Co noso mural, ao que puxemos por título "Gotiña e o tesouro da traída veciñal", pretendiamos reflectir como chega a auga as casas e os posibles atrancos que pode haber no camiño que poden provocar que non chegue ou o faga en mal estado.
Para poñer as utilidades da auga nas casas, utilizamos
pictogramas por ser unha ferramenta de accesibilidade cognitiva que beneficia a
todos. Ao ser representacións visuais claras eliminan as barreiras da linguaxe
e facilitan a comprensión.
Debuxando, pintando e escribindo logramos, entre tod@s, realizar un bonito e educativo mural.
Estamos moi content@s xa que comunicáronnos que o CRA de Ribadumia foi...



























No hay comentarios:
Publicar un comentario