O
Concello de Ribadumia puxo en marcha, este mes de outubro, unha campaña de
fomento da compostaxe doméstica coa entrega de cen composteiros, Esta
iniciativa, está dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de
competencia municipal.
Para
poder dispoñer habia que: cubrir unha solicitude online na súa web, usar un código QR ou tamén contactando por teléfono Concello no caso de non
dominar as novas tecnoloxías.
Dende
o CRA de Ribadumia sumámonos a esta iniciativa, e a directora cubriu a
solicitude.
Hoxe
viñeron con el a Leiro, xa que é onde realizamos todas as actividades relacionadas co coidado da natureza e medio ambiente.
Decidimos poñelo preto do outro e en contacto coa terra,
para facilitar a entrada de microorganismos que van descompoñer o que botemos
nel.
A
persoa que o trouxo, explicoulles aos/as nen@s para que serve, que podemos meter
nel para facer compost e o importante que é, para as verduras e o medio
ambiente, o seu uso.
Despois @s alumn@s, seguindo as súas instrucións, colleron follas secas do xardín para facer unha cama con elas na súa parte máis baixa. Esta, vai servir de colchón esponxoso que absorbe a auga sobrante e axuda a respirar aos bichiños do composteiro, xa que se o fondo queda sen aire ou moi mollado, vai acontecer que “os bichiños máxicos” que fabrican a terra afogarán ou enfermarán.







No hay comentarios:
Publicar un comentario