Este
venres, 30 de outubro, celebramos no CRA de Ribadumia a festa do
Magosto-Samaín.
As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas, castañas, carozos e piñas para asalas e tamén riquísimos doces para a merenda.
Durante a maña fixemos moitas actividades: desfile de disfraces, paseo do terror, obradoiros de apócemas e steam, pintar unha castaña para pegar nunha cestiña feita con cartóns de leite reutilizados…
Tamén viñeron os da academia KIds& Us, para amenizarnos cunha obra de teatro de Halloween en inglés.Como en cursos anteriores, recibimos a visita da bruxa Ermelinda.
E para rematar, o alumnado bailou a coreografía que preparou coa mestra Olalla de música.

Temos
que dar as grazas á ANPA polas cousas que fixeron para a decoración desta
festa, e tamén por asar as castañas.






















No hay comentarios:
Publicar un comentario