Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.
Con
esta conmemoración o que queren é facer fincapé sobre a importancia de protexer
a todas as especies e promover o seu benestar.
Na
aula de natureza estivemos lendo un conto titulado “Pepín el vencejo” de Proyecto vencejos” que xurdiu no ano 2021
debido á multitude de cirrios que chegaban ao ZooBotánico Jerez e ao CREA (Centro
de Recuperación de Especies Ameazadas) dunas de San Antón. Como consecuencia de
multiples causas como accidentes, golpes de calor ou voos prematuros…, os pitos
de cirrio saen do niño prematuramente caendo ao chan sen poder volver a
despegar. Estos son recollidos e levados ao ZooBotánico e ao CREA Dunas de San
Antón. Pero, nestes centros non poden ser atendidos correctamente debido aos
coidados intensivos que precisan, e á cantidade que chegan. Por iso, Proyecto vencejo creou unha rede de persoas voluntarias para atendelos no seu período de
crecemento.
Despois
tamén estivemos mirando na páxina de internet SEO Birdlife (organización no gobernamental
que ten como obxectivo a conservación e o estudo das aves e os seus habitats )
fotos de como son e cal é o seu canto.






No hay comentarios:
Publicar un comentario