Hoxe,
16 de outubro e o día da alimentación.
Na aula
de natureza, estivemos falando de que a comida é moi importante, xa que é a “gasolina”
que fai que teñamos súper poderes para que poidamos realizar todas as
actividades diarias (correr, saltar, pensar...), ademais de axudarnos a medrar
sas. Pero non todos os alimentos son bos, hai algúns que son saudables e debemos
tomalos todos os días ( froitas, verduras, pescado, legumes…) e outros que, se consumimos demasiados, como teñen moitos azucres e graxas poden facer que nos doa a
barriga ou saian caries nos nosos dentes, sintámonos máis cansados…
Despois miramos un vídeo Happy Learning titulado “Una dieta saludable”, no que explican que temos que comer para crecer fortes e que o noso corpo funcione ben ao 100%.

No hay comentarios:
Publicar un comentario