jueves, 25 de abril de 2013

PLANTAMOS SEMENTES PARA COIDAR E VER MEDRAR NAS CASAS

No mes de setembro estivemos recollendo, no xardín, as sementes das plantas que morreran durante o verán para gardalas e poder volver a plantalas cando sexa o seu tempo.
Os alumnos de Lois estiveron plantando unhas destas sementes: o taxete.
Os pasos que seguimos foron:
 
-       Cada neno escribiu nunha tarxeta o seu nome e o da planta.

-       Pegaron a tarxeta nun vaso de plástico ao que tamén lle fixeron pequenos buracos na base.

-       Botaron terra no vaso, despois unhas pouquiñas sementes e terra outra vez.

-       Regaron.
 
 

Cada neno levou a súa maceta para a casa, onde van a ter que regala e coidala ata que medre.
Estamos desexando que nos traian fotos de cómo van crecendo…

As demais fotos podedes velas neste ENLACE.



No hay comentarios:

Publicar un comentario