Para
elaboralo:
1. Pintamos con ceras de cores a cara non escrita dos folios.
2. Utilizamos troqueladoras, con diferentes imaxes de troquel, para perforar os papeis que
pintamos.
3. Pegamos todas estas formas, que resultaron de troquelar, nas macetas.
4. Pintamos círculos de cartón que pegamos na base de maceta para que
ao montar a árbore non sexan moi inestable.
A
cada maceta puxémoslle un número por dentro para identificar en que fila, das
oito que hai, ten que ir. Así temos varios uns, dous, tres, catro…, para poder
acadar unha árbore con forma triangular.
Cando
rematamos todo, xogamos a montar a árbore. Para facelo, ia pedíndolles que
foran atopando todas as que tiñan primeiramente os uns para facer a primeira fila, despois apilamos enriba as que tiñan o dous..., e así sucesivamente ata chegar a rematala co oito que era a que levaba a estrela.
FOI MOI DIVERTIDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario