Na aula de natureza estivemos partindo, en anacos pequenos, cascas de ovos para poñer ao redor das verduras do noso invernadoiro e así, tratar de evitar que os caracois e lesmas coman as súas follas. Para realizar esta tarefa, os nenos puxeron luvas para non pincharse con elas.
Ademais, deste xeito, tamén enriquecemos a terra con calcio e evitaremos que se
apodrenten as nosas verduras.
ESPEREMOS QUE FUNCIONE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario