Onte celebramos a festa de Nadal cada aula por separado, xa que debido á pandemia non puidemos facelo todos xuntos.
Nenos
e mestres pasámolo moi ben xogando, facendo manualidades, bailando, contando
contos…
Tamén, como non, o Apalpador quixo facernos unha visita. Pero como el non podía vir xa que estaba moi atarefado construíndo os xoguetes de madeira para os nenos, mandou a súa muller a Apalpadora que recolleu as cartas dos nenos e agasalloulles con chocolates.
GRAZAS POLA TÚA
VISITA E AGASALLOS!
Agora
chegan as vacacións de Nadal e dende o C.R.A de Ribadumia queremos desexarvos unhas
Felices Festas e un Próspero Aninovo e que o 2021 veña cargado de saúde para
todos.
Para terminar quero amosarvos dous vídeos preciosos que fixeron as mestras Olalla de Música e Malú de Educación Física e Informática para conmemorar estas datas tan entrañables e cheas de ilusión para os nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario