martes, 24 de marzo de 2015

MURAIS DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Aquí tedes os murais que realizamos na aula de natureza para conmemorar o día da árbore e da auga.
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Primeiramente estivemos falando do importantes que son as árbores para as persoas e animais e que, entre todos, temos que protexelas e coidalas.
Para a realización do mural utilizamos algúns materias reciclados como:
Papeis de xornais pintadas para o tronco.
Tapóns de plástico para as flores.
Follas que recolleron os nenos no xardín para poñer na árbore.





DÍA DA AUGA
Estivemos conversando sobre o importante que é aforrar auga e como podemos facelo, despois coloreamos algunhas imaxes nas que as persoas están utilizándoa e os nenos segundo consideraran que se estaba facendo ben ou mal foron escribindo:
“Si“ cunha cara alegre, cando se estaba utilizando ben.
“Non“ cunha cara triste, cando a súa utilización non era a adecuadamente. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario