jueves, 19 de marzo de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DE…

Dende a aula de natureza do CRA de Ribadumia, queremos lembrarlle a toda a xente que sigue o noso blog que veñen dúas datas moi importantes…

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
O sábado 21 de marzo conmemoramos o día Internacional dos Bosques.


O que se pretende e concienciar ás persoas da importancia das árbores para a vida, xa que proporcionan moitos beneficios: dan sombra, axúdannos a respirar mellor,  minoran o ruído, dan alimentos a persoas e animais, embelecen os nosos arredores…

DÍA DA AUGA
O domingo 22 de marzo conmemoramos o día da auga.


A auga ten unha función esencial, por iso non debemos malgastala xa que hai moitas poboacións no mundo que sofren problemas relacionados con ela.
É importantísima para a nosa saúde e primordial para a supervivencia das persoas. Podemos sobrevivir semanas sen alimentos, pero só uns días sen auga… 

No colexio estamos preparando dous murais para celebrar estes dous días. 
Cando estean rematados, subirémolos ao blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario