Hoxe,
16 de outubro, celebramos o Día Mundial da Alimentación.
Este
ano o lema é: “Unha alimentación sa,
para un mundo fame cero”.
O
fin desta conmemoración é concienciar á poboación sobre o problema da
alimentación a nivel mundial e reforzar a loita contra problemas como a
pobreza, a desnutrición e a fame. Temos que lograr que as dietas saudables e
sostibles sexan máis accesibles a todo o mundo e, tamén temos pensar e concienciarnos sobre o que comemos. La FAO
(Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), explica
que cada vez dedicamos menos tempo a cociñar no fogar e máis a depender de
establecementos de comida rápida, comida para levar… Isto da lugar a que se
sigan dietas pouco saudables que, sumadas a os estilos de vida sedentaria,
propician un incremento das persoas con sobrepeso e obesidade.
Na
aula de natureza, para celebralo, estamos plantando uns dos alimentos máis
beneficiosos para a saúde como son as verduras (leitugas, repolos, brócoli, acelgas…).
Despois iniciaremos un proxecto sobre elas, no que traballaremos os seus nomes
e a súa clasificación segundo a parte delas que é comestible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario