As familias xa están mandando receitas coas
coliflores que plantamos no noso invernadoiro e que xa sorteamos entre os nosos alumnos.
Ángeles, a mamá de Izan de Sisán enviounos fotos do brócoli con patacas e ovos que fixeron.
Na casa de Martín de Ribadumia B, dinos Lorena
a súa nai, que prepararon tortiñas.
Estes son os ingredientes que utilizaron:
Os corazóns da coliflor
Crema para facer as tortiñas
Queixo “mozzarella”
PREPARACIÓN:
Coceron os corazóns da coliflor e despois esmagáronnos.
Mesturáronnos co queixo e a crema.
Aquí tedes un vídeo onde Nieves, a avoa de Martín, dinos o que van facer e os ingredientes que utilizan.
E este é outro onde nos ensina unha cadela de frade que había no medio desta verdura. Tamén dixo que ía poñela no xardín para que puidera alimentarse con algunha herba.
Tania, a mamá de Lara de Lois, mandounos fotos
da receita que fixeron cos seguintes
ingredientes:
Coliflor
Brócoli
Patacas
Ovos
Atún
Aceite
de Oliva
Os pasos
para a súa realización foron:
Limpar
a coliflor e o brócoli
Pelar as patacas
Poñer os ovos a cocer nun cazo e noutro as
patacas ás que engadiremos, despois dun rato, as dúas verduras
Cando todo estivo listo servírono nun prato e
Lara esmagouno todo dándolle a forma dun volcán.
Para rematar, agregou o atún para imitar a lava, e aderezouno con aceite de oliva.
Púxolle por nome “Volcán de coliflor”.
Marcos, o papá de Nicolás de Ribadumia A, enviounos ao correo fotos do seu fillo comendo a coliflor que lle tocou.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLAS FOTOS E VÍDEOS FAMILIAS!
ENCÁNTANME AS RECEITAS!
ESTÁS COMIDAS SEGURÍSIMO QUE ESTÁN RIQUÍSIMAS!
ANÍMADEVOS A FACELAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario