No
C.R.A de Ribadumia, facemos moitas cousas para coidar o medio ambiente:
elaboramos compost, plantamos utilizando abonos naturais, aforramos auga
regando con regadeiras e cerrando as billas mentres enxaboamos as mans,
reciclamos, reutilizamos obxectos para darlles unha nova vida…
Pero
queremos saber que cousas fan os nosos alumnos e as súas familias para coidalo
e protexelo.
Como
adultos temos que ter presente que os nosos nenos aprenden por imitación “copiando”
todo o que ven, e a medida que van medrando toman como referencia aos adultos
do seu entorno máis próximo (pais, avós, mestres…). Por iso, é moi importante
que prediquemos co exemplo xa que é a mellor forma de incorporar os bos hábitos
a súa rutina. Se ven que tiramos o lixo á rúa ou desperdicios á auga, eles
adoptarán esta actitude por considerar que é a correcta.
Nos
cadernos viaxeiros as familias atoparan unha pequena explicación e unha folla
para poñer:
- Nome
e apelidos do/a neno/a
- Que
fan para coidar o medio ambiente
- Foto/os
dos/as nenos/as (familia tamén pode ser) realizando esas tarefas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario