O
venres, 30 de outubro, tivemos a festa do Magosto-Samaín.
As
familias trouxeron cabazas decoradas nas casas.
QUE
BONITAS TODAS!
Os
nenos viñeron disfrazados de zombis, bruxas, vampiros, esqueletos…
QUE TERRORÍFICOS!
E
durante a mañá, realizáronse as seguintes actividades:
Vimos contos de medo.
Decoramos
con pinturas follas de papel recicladas, para facer con elas cucuruchos para
levar as castañas asadas.
Angeles,
a mamá de Izan de Sisán, veu coa ecobotella para ensinarnos a importancia das 4R. Amosounos un vídeo sobre a importancia de reciclar, reducir, reutilizar e recuperar e,
díxonos que utilizando as 4R poderemos acadar un planeta máis limpo, con menos
contaminación e onde vivir mellor.
Tivemos
a visita da Agrupación músico-cultural de Ribadumia que amosáronnos os seus
instrumentos, ensináronnos como soan e tocaron e cantaron connosco cancións.
Merendamos
terroríficos doces preparados nas casas polas familias.
E, para
rematar a mestra Montse e Angeles (a mamá de Izan de Sisán) representaron a obra “A
bruxa Hermelinda e a fada das 3R”. Nela, unha bruxa que non recicla recibe a
visita dunha fada que lle lembra a importancia de reducir, reciclar e
reutilizar.
As familias trouxeron castañas e carozos e o Concello deixounos o asador.
Algúns pais, nais e avoa estiveron asándoas.
E
non quero terminar esta entrada do blog, sen dar a grazas ás familias pola súa
colaboración decorando cos seus fillos as cabazas, traéndoos tan terrorificamente
disfrazados e preparando todos eses riquísimos doces.
E,
por suposto, aos pais nais e avoa que
estiveron toda a mañá a choiva asando as castañas e a Angeles por ensinar aos nenos tantas cousas sobre as 3R e por ser unha maravillosa actriz.
MOITAS
GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario