Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día Mundial da Auga co obxectivo de
chamar
a atención sobre a importancia da auga doce e a xestión dos recursos da
auga.
O
tema deste ano é “Non deixar a ninguén
atrás”.
No 2010, as Nacións Unidas recoñeceron que o dereito á auga potable
e o saneamento é un dereito humano esencial. É dicir, todas as persoas, sen discriminación, deben dispoñer de auga
suficiente , segura e accesible para uso persoal e doméstico.
Na
aula de natureza estivemos vendo o conto “Os bolechas queren saber como aforrar auga”. Nel, estes irmáns, explican cal
é a auga que podemos consumir, como chega as nosas casas, cal é o seu ciclo, que cousas podemos facer para non malgastala…
Despois miramos varias accións relacionadas coa auga, e os nenos puxeron pegatina
verde nas que se aforra e vermella nas que non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario