Estefanía mandounos unhas fotos da súa filla Clara, da aula de Sisán, comendo a coliflor que lle tocou no sorteo. Dinos que, aínda que non lle gustan as verduras, animouse a probala.
QUE BOA TEN QUE ESTAR ESA
COLIFLOR CON OVOS E PATATAS!
Vanesa,
a mamá de Mario da aula de Sisán, enviounos unhas fotos de Mario comendo a
coliflor que lle tocou e tamén da receita especial que fixo con ela.
Dinos
que como ten a peculiaridade do forte cheiro e que non resulta moi atraínte
para os nenos, decidiu camuflala nunha comida que sempre triunfa como é a
pizza. Así, fixeron unha base de pizza de coliflor.
Para
se alguén quere realizala, mandounos os pasos que hai que seguir para a súa
elaboración:
- Raiar
ou picar moi fina a parte branca da coliflor.
- Poñela
no microondas a máxima potencia durante oito minutos.
- Sacala
e mesturala con queixo raiado e un ovo batido.
- Estender
a masa dándolle a forma que queiramos.
- Meter
a base no forno durante 20 minutos ata que quede un pouco tostada.
- Quitala
e poñer enriba todos os ingredientes que queiramos.
- Volver
a metela no forno.
¿ANIMÁDESVOS A FACELA NAS CASAS?
Mila tamén
mandou unhas fotos da súa filla Martina, da aula de Ribadumia A, comendo a
coliflor que lle tocou.
A receita que fixeron con ela foi “coliflor gratinada con beicon”.
QUE RICA TEN QUE ESTAR!
MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS E POR COMPARTIR
CONNOSCO AS VOSAS RECEITAS SAUDABLES
No hay comentarios:
Publicar un comentario