Hoxe,
14 de febreiro, é o día da enerxía.
Para
conmemoralo estivemos traballando o conto “Laura y compañía: ahorramos
energía”. Nel, Laura e os seus amigos están lendo un conto onde a protagonista
é una bruxa moderna chamada Sasha que vai ensinándonos cales son as diferentes
fontes de enerxía (o sol, o vento, a electricidade…) e que cousas podemos facer
nas casas para aforrala.
Despois
estivemos imaxinando que pasaría se non
tiveramos auga quente, nin calefacción, nin luz… Chegamos á conclusión de que sería
un desastre para todos, xa que estamos acostumados a vivir con todas estas
cousas.
Por
iso, temos que apagar as luces cando faga bo día, non ter moito tempo aberta a neveira e as
billas de auga quente, non ter a televisión acendida cando non estamos mirándoa,
apagar o ordenador cando non o usamos,
utilizar menos o coche e no seu lugar andar ou ir en bicicleta…
Despois, na aula de natureza, estivemos realizando una ficha coa que lembrarnos desta data. Nela os alumnos tamén fixeron o seu debuxo da bruxa Sasha.
Entre todos, e con estas pequeñas accións, podemos aforrala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario