O 22 de marzo,
conmemoramos o día da auga, este ano 2016 o lema é “A auga e o empleo”.
A auga é un elemento
esencial da vida. Pero ademais de ser fundamental para calmar a sede ou
protexer a saude, é vital para a creación de postos de traballo e axuda ao
desenvolvemento ecónomico, social e humano.
A metade dos
traballadores da terra, están empleados en sectores relacionados coa auga, pero
millóns deles non son recoñecidos e protexidos. O 22 de marzo, e o día para destacar
a súa función vital e propiciar melloras para a población mundial que sufre
problemas relacionados coa auga.
Na aula de natureza
coñecimos a fluvi, mascota oficial
da Expo Zaragoza 2008.
Esta exposición
internacional, tiña como tema central a auga como
elemento indispensable para a vida. Nela, vivïronse 93 días de ocio, cultura,
festa, reflexión e interncambio entre os diferentes participantes (104 países,
220 ONG, 17 Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla…) e os máis de 5.600.000
visitantes.
A través dela, os
alumnos coñeceron o ciclo da auga e todas as cousas que podemos facer para non
malgastala.
Tamén fixemos un
mural para conmemorar esta data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario