As leitugas que plantamos no invernadoiro xa medraron e, estamos realizando o seu
sorteo entre os alumnos do C.R.A.
Cada
tipo de verduras sorteámolo entre todos os nenos e non só entre os
que as plantaron.
A
nosa finalidade é que aprendan a plantalas e vexan como medran, que saiban o importante que é o seu
consumo para a nosa saúde e as leven as casas para preparar riquísimas receitas
con elas.
Para
o seu sorteo temos papeliños, por aula, cos nomes de todos os alumnos. Cando
están listas para a colleita, un neno de cada clase (ao azar) colle un para saber a quen lle
toca levala.
O
que queremos é que, ao final do curso, todos levaran polo menos unha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario