Hoxe, 22 de maio, é o día da
Biodiversidade.
As
Nacións Unidas, con esta celebración, queren que reflexionemos sobre o efecto
devastador que as persoas exercemos sobre a natureza e o importante que é coidala e preservala.
A
biodiversidade é importantísima para que poidamos vivir na terra e, a súa
perda ameaza incluso a nosa saúde. Isto é debido a que os peixes proporcionan o
20% das proteínas animais a uns 3.000 millóns de persoas, máis do 80% da dieta
humana está composta polas plantas e aproximadamente o 80% da xente que viven
nas zonas rurais dos países en desenvolvemento, dependen de medicamentos
tradicionais baseados en plantas para a atención básica da saúde.
Das actividades que propuxemos para conmemorar este día, estos son os traballos que recibimos.
Marta
de Ribadumia B, decidiu colorear os animais en perigo de extinción. Para
facelo, utilizou as cores que máis lle gustaban.
Lía
de Leiro, estivo traballando sobre os animais domésticos e silvestres.
Coa súa
familia, falaron dalgúns que están en perigo de extinción e tamén de que hai
que coidalos e protexelos.
Despois escolleron todos os libros que trataban de animais e clasificou algúns, xa que
eran moitos, segundo foran domésticos ou silvestres.
E
para rematar, debuxou os seus preferidos.
Xulia
de Ribadumia A, pintou os animais que están en perigo e escribiu os seus nomes.
Marta de Leiro, para pintalos tamén usou distintas cores.
Marcos
de Leiro, partindo dos números do 1 ao 9, debuxou animais.
MOITAS GRAZAS POLOS VOSOS
TRABALLOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario