O 8
de xuño celebraremos o Día Mundial dos
Océanos.
Os
océanos son moi importantes na nosa vida xa que, son os pulmóns do noso
Planeta. Xeran a maioría do osixeno que respiramos, regulan o clima e ofrecen
nutrintes.
Nos
últimos anos temos o problema da contaminación por plásticos e microplásticos,
debido a que máis de oito toneladas deles acaban nos océanos cada ano, con
graves problemas para a vida mariña, a pesca e o turismo. Por iso hai que
reciclar e elixir formas de consumo responsables.
Como
xa vimos na escola, os plásticos e demais lixo que acaba no mar tardan
moitísimo en descompoñerse e supoñen moito perigo para os peixes, tartarugas,
aves…, que poden quedar atrapados ou comelos por confundilos con alimento.
Aquí
tedes algunhas alternativas para utilizar menos os plásticos.
Para conmemorar este día, primeiramente vou poñer un vídeo conto que leva por título “Aqualika”. Nel, os animaliños do mar, mobilízanse ante as consecuencias contaminantes da actividade humana nos océanos e mares…Basta xa!.
Animádesvos a facer un debuxo sobre o conto?.
Outra proposta é, que fagades animais mariños ou acuarios con algúns deses materiais de
refugallo que moitas persoas tiran ao mar. Deste xeito mostraremos a
todos que a moito do lixo que tiramos
podemos darlle unha nova vida, evitando así a contaminación dos nosos océanos.
Aquí
tedes algunhas opcións:
https://youtu.be/UmZgsnY8fMQ
peixe con cartolina
https://youtu.be/ESFTDkai_Ks
peixe polbo e cangrexo con platos
https://youtu.be/y8oBBXOPKuU Marcapáxinas de animais mariños
Tamén
podedes facer debuxo sobre os nosos mares e os animais que viven neles, e poñer
lemas para animar a xente a coidalos e protexelos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario