lunes, 4 de mayo de 2020

CONCURSO “EL COCHE DEL FUTURO”

Toyota España, lanza o concurso “El coche del futuro”


O obxectivo, ademais de contribuír a que os nenos se divirtan e entreteñan, é concienciar a esta xeración sobre a importancia de coidar o Planeta aplicando as 4R do reciclaxe: reducir, reutilizar, reciclar e recuperar.
A iniciativa forma parte da aposta de Toyota pola sostibilidade e o respecto e coidado do medio ambiente, co obxectivo de construír unha sociedade que poida chegar a ser cero emisións.
O concurso remata o 24 de maio e está aberto a nenos de 4 a 11 anos, dividíndose en dúas categorías de 4 a 7 e de 8 a 11 anos.
Os que queiran participar deberán deseñar o coche do futuro con todo aquelo que teñan a man nas súas casas. Así podedes reciclar materiais como o plástico, papel, cartón, envases, tela ou incluso os xoguetes que xa non utilizan os vosos fillos, e dos que se poden quitar pezas e materiais para darlle unha segunda vida. Tede en conta que non poden ser creacións dixitais, nin copiadas de outras que xa existen en internet.
Un xurado composto por empregados de Toyota España seleccionará os catro mellores de cada categoría, que pasarán á final. Despois, durante toda a semana do 25 de maio, a xente poderá votar o seu deseño favorito nas redes sociais (dos elixidos polo xurado)
O premio será un patinete, e os gañadores coñeceranse na primeira semana de xuño.
Se queredes participar tedes que remitir os traballos, máximo un por neno, por correo electrónico a:

Teñen que estar en formato JPEG, IMG ou PDF. 
Tamén, xunto co traballo, deberedes cubrir e enviar o formulario de inscrición.

Está é a páxina onde podedes ver todas as bases do concurso:

ANIMÁDEVOS A CONTRUÍR O COCHE DO FUTURO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario