Con
material de refugallo, elaboraron uns prismáticos, un foguete e un coche.
Plantaron
moitas cousas, que xa están medrando.
Leitugas,
en botellas de plástico recicladas.
Lentellas
e perexil.
A semente dun aguacate.
Se
queredes plantala como fixeron eles, tedes que quitarlle a carabuña a un
aguacate, despois meter algúns palillos nela e para finalizar poñela nun vaso
con agua de xeito que unha metade quede dentro e outra fora. Cando brote, xa podedes sementala.
Martín,
é o encargado de regar todas as plantas para que continuen medrando.
Atoparon un
niño nunha parra de viño que teñen na casa, pero os paxariños xa non estaban e só quedaban algunhas das súas
plumas. E tamén, encontraron unha preciosa xoaniña.
Fixo
unhas bonitas flores con cartolina para o día da nai.
E,
para rematar, aquí o vedes restrebando a terra.
MOI BEN MARTÍN! QUE TRABALLADOR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario