martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas.
Este ano 2020 o autor homenaxeado será Ricardo Carvalho Calero, escritor que traballou moito para tratar de dignificar o noso idioma e a nosa cultura.
Non é de estrañar que fixera esta defensa do galego xa que, ao igual que nas outras linguas, na nosa hai moitas palabras fermosas, únicas, históricas, propias, prestadas…
Todas esa riqueza de vocabulario que temos, e que nos pertence, debemos coidala e protexela para que continúe formando parte do noso patrimonio cultural.
Por este motivo, dende a aula de natureza, queremos propoñervos unha iniciativa que ten como obxectivo render homenaxe ás palabras da lingua galega.
Tedes que elixir, entre toda a familia, o nome da árbore e do animal en galego que máis vos guste, máis curioso vos pareza ou máis vos transmita. Despois os nenos escribirano nun folio e farán un debuxo del ou relacionado con el.
Entre todos escolleremos o nome do animal e da árbore, máis fermoso que temos en galego.
Vou comezar eu, polas que me parecen a min máis bonitas.


Lembrade que, o correo ao que podedes mandar os traballos é: blogdenatureza@gmail.com

ANIMADEVOS A PARTICIPAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario