sábado, 9 de mayo de 2020

NOTICIAS DE MARCOS E SANDRA

Sandra, a mamá de Marcos de Leiro, mandounos un correo para dicirnos que hoxe, cando saíron á eira a xogar, decidiron construír unha randeeira na camelia.


MIRADE COMO BAMBEASE MARCOS!

E como seguen moi atentos para ver os paxaros dende a súa horta, conseguiron fotografar a un gorrión. Tamén viron un paporroibo, pero non puideron retratalo.


E un merlo e dúas rulas.



Gaivotas, merlo, gorrión, rulas… CANTAS AVES FOTOGRAFARON!

No hay comentarios:

Publicar un comentario