domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DA RECICLAXE

Hoxe, 17 de maio, é o día da Reciclaxe..


Reciclar é unha responsabilidade de todos, e de nós depende darlle unha nova vida aos envases que utilizamos. Este é un pequeno xesto diario que coida a saúde do noso planeta. Por iso, debemos fomentar este hábito da reciclaxe aos nenos para que aprendan a respectar a natureza e sexan conscientes da vantaxe de vivir nun entorno limpo.
Como consecuencia dos cambios de comportamento que tivemos que realizar debido ao COVID-19, estanse producindo beneficios inesperados no noso medio ambiente: mellorou a calidade do aire, reduciuse a emisión de gases de efecto invernadoiro, os animais e as plantas recuperaron moito do espazo que o ser humano quitaralle, etc.
Pero, por outro lado, con esta pandemia o nivel de basura en ríos, mares e océanos incrementouse polo mal facer da xente á hora de desfacerse das máscaras, luvas, envases desinfectantes, etc.
Temos que pensar en cada tartaruga que morre por tragarse un guante ao confundilo cunha medusa, as ave que falecen de fame por culpa de enredarse as súas patas, as alas ou o pico nunha máscara, etc. Todo isto debería de pesar na conciencia das persoas que o fan, e non realizan unha tarefa tan simple como reciclalos poñéndoos no contedor correspondente. Este pequeno xesto, pode salvar moitas vidas e mostraría que somos capaces de valorar a existencia do resto de seres cos que compartimos o Planeta.
Por iso é moi importante ensinarlles aos nosos nenos a seguir a regra das 4R (reducir, reutilizar reciclar e recuperar) e así, entre todos, contribuír a que todos estes problemas desaparezan.
Mirade estas imaxes…



Son horribles… máscaras e luvas polo chan e recollidas no mar e nas praias…

TODO ISTO, PODEMOS EVITALO SE RECICLAMOS

Despois destas reflexións, coas que pretendo “espertar conciencias”, vou mostrar os traballos que enviaron os nenos para  conmemorar este día.

Rosana e Ero de Leiro, fixeron dous monicreques serpe. Para elaboralos utilizaron calcetíns, goma eva, la e tapóns dos cartóns de leite.




Tamén construíron os contedores do lixo, utilizando vasiños de iogur.



Marta de Leiro e o seu irmá Pablo, realizaron dous labirintos: un con palliñas e outro cos tubos do papel de cociña. 



Ela ademais tamén fixo un colaxe, con tapóns de diferentes cores e tamaños, incluíndo nel o seu nome.


Martín de Ribadumia B fixo, un castelo cos tubos de papel hixiénico e de cociña, para os seus Clicks.


Aquí tamén tedes uns collage, onde os nenos están facendo tarefas de reciclaxe como depositar o lixo no seu contedor correspondente, utilizar os residuos orgánicos para facer compost, reutilizar bolsas e obxectos para crear outros novos, reciclar tapóns, etc…







Son fotos que mandaron os nosos alumnos para o caderno viaxeiro “E ti, que fas polo medio ambiente?”, onde queríamos recoller todo o que se realiza nas casas para coidar o noso Planeta.
Non están todos os nenos, xa que ao ter que confinarnos non puido percorrer os fogares de todas as nosas familias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario