Hoxe,
17 de maio, tamén celebramos o día das
Letras Galegas.
Este
ano esta dedicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero, que defendeu o idioma
galego e escribiu moitos libros no noso idioma.
Un
dos seus libros máis famosos é “As pitas
baixo a choiva”. Nel, conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando
quería recoller as galiñas que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados
como pitos: as galiñas, el e toda a súa familia.
Dende
a aula de natureza, para conmemorar este día decidimos que os nenos e as súas
familias elixiran o nome do animal e da árbore que para eles era o máis fermoso ou significativo.
E
aquí tedes os que recibimos:
Marcos
de Leiro, xunto coa súa mamá Sandra, primeiramente decidiron dar un paseo e
mirar as diferentes árbores que tiñan no seu entorno: sobreira, carballo,
figueira, castaño, acibo, ameixeira, oliveira, etc. Ao final, elixiron a cereixeira (ou cerdeira).
Para
o animal escolleron o coello. A decisión foi porque un día, cando foron a dar
unha volta, viron uns poucos no camiño e agora pasan por alí sempre para
volvelos a mirar e poder sacarlles unha foto.
Marcos
tivo en conta para a elección dos nomes, cal era a árbore e o animal que lle
parecían máis bonitos.
Ero
de Leiro, elixiu como nome de animal o ourizo e de árbore a maceira.
Para
Rosana de Leiro, o nome do animal que máis lle gusta é o esquío e o da árbore é a cereixeira (ou cerdeira).
Dani
de Lois, escolleu bolboreta e carballo como nomes de animal e árbore. No debuxo
do carballo, púxolle as follas que colleu dela.
A
familia de Lía escolleu bolboreta como nome de animal e sobreira de árbore. Os
debuxos realizounos con acuarelas, pero utilizando as mans e os dedos.
A
Carmen de Lois gústanlle moito as castañas e por suposto a seu nome de árbore
preferida é o castiñeiro. E esquío é o seu nome de animal, xa que lle parece
moi simpático e bonito.
Yago
Riveiro de Lois, elixiu bolboreta e maceira como os nomes de animal e árbore
que máis lle gustan.
Vera
de Ribadumia A, decidiuse pola palabras bolboreta como nome de animal e cereixeira
(ou cerdeira) de árbore.
A Adriana
de Ribadumia B, parécelle fermosas vacaloura e noceira (ou nogueira) como nomes de
animal e árbore.
E á
súa irmá Dana, gustáronlle pitiño e piñeiro.
Xulia de Ribadumia A, elixiu bolboreta como nome de animal e maceira de árbore.
Por
votación, o nome de animal máis fermoso é a BOLBORETA e no de árbore, houbo un empate entre CERDEIRA
OU CEREIXEIRA e MACEIRA.
CANTAS PALABRAS BONITAS
TEMOS NO GALEGO!
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario