O 5 de xuño celebraremos o Día Mundial do Medio Ambiente.
A variedade de alimentos que comemos, o aire que respiramos, a agua que bebemos e o clima que fai posible a nosa vida no Planeta, non existirían sen os servizos da natureza. Por iso para coidar de nós mesmos, primeiramente debemos coidar dela.
Aquí tedes un vídeo da Xunta de Andalucía no que Andaluna e Samir, a través do conto “os defensores do Planeta”, queren ensinarnos como podemos axudar a coidar o Medio Ambiente (non consumindo moita auga e enerxía, reciclando, mantendo os bosques limpos, non tirando lixo nas rúas…).

Estas son as miñas propostas para conmemorar este día.
- Boas
accións cara o medio ambiente:
Podedes
buscar a vosa noticia favorita, sobre como a natureza recuperouse durante o
confinamento. Despois enviades o enlace (ou captura), explicades porque é a
vosa preferida e facedes un debuxo sobre ela.
- Malos
actos respecto ao medio ambiente:
Está
habendo accións que non coidan o noso Planeta, como a xente que está tirando as
máscaras e luvas no mar, nas rúas,
bosques…
Pois
tamén podedes intentar atopar algunha que fale desde problema e, realizar un
debuxo poñendo porque non está ben facer isto.
- E, por último, outra opción é elaborar un debuxo cun lema a través do que intentaremos animar ás persoas a coidar o
medio ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario